Goldwave
Este módulo de aplicación mellora o acceso e o uso do editor de audio
Goldwave.
Atallos de teclado
- NVDA+Shift+C: Cambia a fala das ordes durante a edición do audio.
- Control+Shift+P: Anuncia a posición da pista actual.
- NVDA+Shift+R: Anuncia o tempo restante para a pista actualmente en
edición.
- Control+NVDA+1: Anuncia a canle que estás a editar.
- Control+NVDA+2: Anuncia a lonxitude total do ficheiro de audio.
- Control+NVDA+3: anuncia un resumo da información da selección do audio.
- Control+NVDA+4: Anuncia o nivel do zoom.
Para obter máis información acerca do Goldwave e das ordes do teclado,
consulta o Manual do GoldWave.
Nota: GoldWave 6 require da versión de 64 bits de Windows 7 ou
posterior. Requírese do NVDA 2014.1 ou posterior para utilizar o complemento
2.0.
Versión 18.07
- Arranxado un erro polo que os ceros á esquerda non se amosaban ó obter o
tempo restante para unha pista.
Versión 17.05
- Engadida a capacidade de proporcionar información de depuración cando o
NVDA está en execución co rexistro de depuración habilitado (NVDA 2017.1
ou posterior).
- Traduccións actualizadas.
Versión 16.12
- O esquema da versión agora é ano.mes en lugar de maior.menor.
Cambios para 4.0
- O repositorio do complemento moviuse a GitHub (localizado agora en
https://github.com/josephsl/goldwave).
- Melloras de rendemento ao buscar información coma nome do canal e outra
información de estado.
Cambios para 3.0
- Engadida unha orden para anunciar o tempo restante para a pista actual
(NVDA+Shift+R).
- Lixeiras melloras ó anunciar información de estado como a información da
canle.
Cambios para 2.0
- Soporte para GoldWave 6, incluíndo versión de 64 bits do GoldWave (mira a
nota arriba).
- A axuda do complemento agora pode acesarse dende o Administrador de
Complementos (NVDA 2014.3 e superiores).
- NVDA agora anuncia canle seleccionado se premes ordes de selección de
canle, como Control+Shift+L para a canle esquerdo.
- Correxíronse varios problemas con campos de edición numéricos, como o
campo de censor e o selector de tempo no diálogo de mezcla, incluíndo a
selección de texto , actualización de valores e así por diante.
- A opción da orden de anunciado lembrarase cando se cambie a outros
programas .
Cambios para 1.2
- Solucionouse un problema polo que o NVDA tiña dificultades anunciando
algúns campos de edición.
- Traduccións novas e actualizadas.
- Por favor ten en conta que debido a cambios recentes no NVDA, a selección
de audio e outras ordes de estado poderían non funcionar como se esperaba
nalgúns sistemas.
Cambios para 1.1
- Soporte para o anunciado de mesaxes en braille.
- O resumo da selección de audio preséntase en máis linguas que no inglés.
- Engádense máis ordes incluindo o anunciado do movemento da posición do
sinal e operacións de borrado/recorte.
- Correxido un problema en campos de edición numéricos, como varios diálogos
de efectos nos que non se anunciaba nada ou o nome dos campos incorrectos.
- Traduccións novas e actualizadas.
Cambios para 1.0
[[!tag dev stable]]