Search With

Este complemento axúdache a procurar texto, a través de varios motores de procura. Non selecciones ningún texto, e preme o xesto do complemento, amosarase un diálogo, cunha caixa de edición para introducir unha procura, para buscar con google preme intro, ou tab para procurar con outros motores.

E se queres procurar texto seleccionado, selecciona algo de texto e preme unha vez, amosarase un menú con varios motores de procura para escoller. e podes se queres, premer o xesto dúas veces para procurar o texto con Google directamente.

O xesto por defecto para o complemento é: NVDA+ Windows+ S. Se o atallo non che funciona, ou fai conflito con outro, podes coma sempre engadir un xesto ou cambiar o existente indo a: menú NVDA>preferencias>xestosDeEntrada>categoría Search With.

Uso

amosarase un diálogo, cunha caixa de edición para introducir o termo de procura.

Yahoo, Bing, DuckDuckGo, e Youtube.

Éste é o menú por defecto, e podes modificalo dende o panel de opcións do complemento.

E ó premer o xestos do complemento, ou calquera outro que lle asignases, amosarase un menú virtual con varios motores de procura, xa sexa o menú por defecto, ou calquera outro que ordeases de acordo coas túas necesidades.

Escolle un e preme intro, abrirase o navegador por defecto amosando os resultados da procura. Ou, se queres procurar con Google directamente, preme o xesto dúas veces, e feito.

Si podes facelo dende o panel de opcións, e axustar o menú para que se adapte á súa persoalidade e necesidades.

Podes dende alí, engadir ó menú de Search with, outros motores de procura dispoñibles.

e podes se queres, eliminar un elemento del, mover un elemento arriba, mover un elemento abaixo, ou devolver e configurar o menú ó estado predeterminado.

Entón, vai á categoría Search With nos paneis de opcións, dende a caixa combinada de alí, podes escoller buscar en Google dos seguintes xeitos:

1.  Utilizando as opcións e lingua do navegador.
2.  Utilizando a lingua do NVDA.
3.  Utilizando a lingua do Windows.

E iso é todo, desexo que procures o ben e o atopes, feliz procura!

Cambios para 1.2

Cambios para 0.4

Cambios para 0.3

Cambios para 0.1

[[!tag dev stable]]